Ao longo da súa pescuda temos aprendido
como é a planta
de onde ven
en que partes de Galicia hai uvas. Deste xeito puidemos poñer a nosa parte do mapa colaborativo e a lenda do mesmo.
que receita podiamos facer con elas
como cultivalas nas catro estacións
Aos de 5 anos A, despois de todo o que levamos aprendido sobre as uvas faltábanos facer unha receita con elas. Escollemos unha ben sinxela e moi rica: pauciños de uvas con queixo.
Primeiro escribimos a receita no encerado; logo repartimos as uvas, o queixo e os pauciños para cada equipo; despois metimos nos pauciños as uvas e o queixo facendo unha serie para logo poñelas con coidadiño nunha bandexa. E por último…a comelas! Umm…que ricas estaban!
Ah! E aprendimos un refrán en castelán que di: uvas con queso saben a beso. Abofé que sí!
No hay comentarios:
Publicar un comentario