MILLO

Este cultivo tocoulle aos nenos e nenas de 3º de Primaria

Ao longo do curso fomos pouqueniño a pouco traballando sobre o cultivo do millo. Preguntamos na casa e investigamos no ordenador para ir apuntando o que iamos descubrindo e dando forma ao traballo escrito que habiamos de entregar a fin de curso xunto cos dos outros compañeiros. Queriamos saber como era esta planta e de onde procedía xa que esta era a primeira parte do traballo que nos pedían...




Trouxemos distintas  mazarocas de millo á aula porque hai millo de distintas clases e algunhas fotos do seu cultivo.


No primeiro trimestre puxemos a nosa parte no mapa colaborativo e colocamos a nosa parte da lenda

Aprendemos a debullar o millo e aproveitamos para plantalo nunhas macetas pequeniñas. A partir de ahí tivemos que coidalo para que nacera e medrara ben.














Como todo o resto do cole tamén participamos na feitura do traxe de entroido. Como non podía ser doutra maneira nós fomos vestidos de Mazarocas de millo, algo que nos deu moito traballo, pero co que lucimos moi guapos.





Tamén participamos no libro de receitas aportando moitas receitas que nos axudaron a buscar os nosos pais. Gústanos que eles tamén colaboren na nosa aprendizaxe. Se queredes velas teredes que mirar no libro que se está a facer.

Cando deixou de chover xa en maio chegou o momento de trasplantar o millo á nosa horta, cousa que fixemos con moita arte e coidado...a ver se medra ben! Védenos nesta presentación.




sementando millo - Movie Maker


Para facer os cultivos para a nosa horta pedímoslle axuda aos pais e entre todos puidemos elaborar estas simpáticas espigas cas súas mazarocas.


FOTOS DO LIBRO





No hay comentarios:

Publicar un comentario