CHÍCHAROS

Os nenos e nenas de 5 anos estivemos pescudando información dos chícharos e atopámonos con que os máis prestixiosos na alta cociña son os CHÍCHAROS BÁGOA, que se son autóctonos de Galicia, en concreto dánse en Teo (Santiago), na provincia de A Coruña. Despois de estudar as propiedades desta legume e de todo o que nos aporta, chegamos á primavera e con ela o momento de sementar. Como a horta estaba moi mollada, decidimos prantar na aula, e non tardaron en agromar grazas aos coidados dos encargados que cada día os regan.



semente chícharos - Video Maker

Daquela con toda información que recollemos fomos colocar os nosos chícharos no mapa colaborativo e colocamos a nosa parte da lenda. Bueno só puxemos un chícharo pero de moito valor.

Cando chegou o entroido traballamos no noso disfraz de chícharos para  contribuir a encher o patio de cultivos vivientes e inventamos tamén a nosa parte da canción que interpretamos todos xuntos.






Como estivemos traballando a arte, ocurréusenos que poderiamos facer os nosos propios cadros, e que mellor que facer bodegóns a partir dos chícharos como elemento principal. Grazas á colaboración das familias apareceron auténticos artistas, que lle puxeron o nome á súa obra, e por suposto tamén a asinaron.



cadros con chícharos - Video Maker

Agora que xa deixou de chover puxémonos a trasplantar e coma os chícharos que tiñamos nas macetas morreron decidimos trasplantar xudías. O importante é aprender.


Tamén elaboramos na aula a nosa contribución á maqueta


No mes de maio  tamén participamos na feitura do libro dos cultivos. Así contamos todo o que aprendemos






No hay comentarios:

Publicar un comentario