CENTEO

Este cultivo tocoulle ós alumnos e alumnas de 6º de Primaria. Estes son algúns dos materiais que nos enviaron

No primeiro trimestre participaron na feitura do mapa colaborativo coas súas espigas de centeo e a súa parte da lenda



No inverno plantaron centeo. Eles mesmos contánolo e ademais podémolos ver na presentación que segue.

OS ALUMNOS DE 6º DE PRIMARIA PLANTAMOS CENTEO
1º Preparamos a terra.
2º Sacamos abono do noso composteiro.
3º Plantamos a semente.
4º Botámoslle abono.
5º Non regamos porque a terra estaba húmida e o centeo non necesita moita auga.


Tamén nos contan as conclusións da súa investigación e como foi que se decidiron a facer pan de centeo.
  
Despois de investigar chegamos ás seguintes conclusións:


  • O centeo é un cereal que constituíu a base da alimentación galega.
  • Cultívase en zonas frías de montaña e con pouco chan.  Nas provincias de Lugo e Ourense principalmente.
  • A forma de sementalo chámase "volea".  Nós fixemos a nosa sementeira particular na horta do cole.  Esperamos que con tanta chuvia non saia "nadando".
  • As súas raíces poden estenderse ata 10 m. na procura de humidade.
  • O pan feito con fariña de centeo é menos esponxoso que o feito con fariña de trigo, pero máis que o feito con fariña de millo.
    Así que, visto todo  o anterior, atrevémonos a facer pan (grazas a que temos unha cociña no cole).  Empregamos fariña de trigo e de centeo.

    O noso pan non levaba noces e pasas como o que lles regalamos ás profes, xa que non nos gustan.  A receita é a seguinte:
  • 400 gr de fariña de trigo
  • 100 gr de fariña de centeo
  • 12,5 gr de fermento fresco de panadería
  • 1 culleradiña de sal
  • 280 ml de auga (aproximadamente)
  • Noces e uvas pasas (se son do noso gusto)   

Cando chegou o entroido en troques de se disfrazar de espigas de centeo os nenos e nenas de 6º de Primaria convertíronse en espantallos. Seica non querían estar pendentes de mudar a rede  que puxeron para os paxaros.



Mentres tanto na horta as cousas ían mudando...Ollade como foi medrando o  centeo e como fixo espigas!










No terceiro  trimestre traballaron para colocar a súa parte na horta que montamos na entrada do cole. E non só puxeron centeo cultivado, senón que nos regalaron cuns preciosos carballos con niños de paxaros e todo. E non esqueceron amosarnos como son as sementes de centeo, por se alguen mais se anima a cultivalo.



Esta é a sua contribución ao noso libro dos cultivos





Tamén nas letras galegas adornaron a  porta da súa aula cunha fermosa espiga que  en troques de sementes contiña as palabras que coidaron mais fermosas da lingua galega.










    

No hay comentarios:

Publicar un comentario