CABAZAS

Este cultivo tocoulle ós nenos e nenas de 1º de Primaria.
Estes son os materiais que nos van mandando. Cada un deles é un pasiño cara a meta de final de curso.

Os nenos e nenas de 1º investigamos moito sobre a cabaza ao longo deste curso. Nada máis empezar as clases, alá polo mes de setembro, xa miramos na horta do cole como eran as follas e as flores de cabaza. Ao pouquiño esas flores desapareceron para dar lugar a pequenas cabazas que ían medrando por días. 


Pronto chegou o Samaín e con el trouxemos distintos tipos (hai unha chea delas) e as decoramos para a festa. 


Días despois, no mes de novembro, fixemos, xunto cos nosos compañeiros de infantil e a súa profe Romina, un biscoito boísimo mesturando moitos ingredientes, entre os que non podía faltar a cabaza. Encantounos!


Biscoito de cabaza - presentacion imagenes
 
Entre unha cousa e outra buscabamos e atopabamos información sobre ela no ordenador, nos libros e mesmo en xornais, apoiados pola inestimable axuda das nosas familias e de todo o material que entre todos achegábamos á escola.













Antes de acabar o primeiro trimestre puidemos poñer o noso granciño tamén no mapa colaborativo que hai na entrada do cole e colocar a nosa parte da lenda. Non puxemos moitas cabazas para non sacarlle o sitio aos companeiros, pero a verdade é que cabazas hainas en tódalas hortas.



O tempo seguiu pasando e chegou o Entroido: mesmo parecíamos unha horta desfilando polo patio da escola… 






E xa chegada a primavera collemos as pebidas das cabazas e as botamos nun anaco de terra que tiñamos preparado para sementar… agora toca esperar a que a natureza faga o resto e o vindeiro curso podamos recoller a colleita


Pero mentres tanto preparamos a maqueta que entre todos os nenos do cole realizaremos na entrada da nosa escola, a nosa horta en miniatura. 









Tamén traballamos na nosa colaboración co libro dos cultivos feito entre tódolos nenos do cole



















Non podemos despedirnos sen relatar que  mesmo ousamos escribir un pequeno conto cunha protagonista moi especial “A cabaza salvadora”.



A cabaza salvadora from camilo on Vimeo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario