miércoles, 11 de junio de 2014

A HORTA XA ESTÁ LISTA

Despois de varios días de tráfego incesante de cultivos que ían chegando ata a entrada do cole, por fin xa cadaquen ocupa o seu sitio e a nosa horta presenta esta pinta tan impresionante. Coidamos que despois de ver o ben que loce, moitos se animarán a probar cunha de verdade. Non esquezades que estamos a celebrar o Ano internacional da Agricultura Familiar.
Con esta última tarefa este proxecto xa rematou e somentes nos queda dar as grazas a todos polo seu traballo...nenos e nenas, profes e familias que tanto colaboraron.



sábado, 7 de junio de 2014

TODO O PROXECTO DOCUMENTAL NUN SÓ LIBRO COLABORATIVO

"Sementando, Sementando..." é o título que lle temos dado ao noso libro colaborativo no que recollemos toda  a información documental que levamos traballando dende os primeiros días do curso. Fixémolo en formato A3 e tivemos que resumir un pouco para sintetizar a abondante información da que dispúñamos a estas alturas do curso. Coma quixemos mandalo ao prelo antes das Letras Galegas aproveitamos para que ésta sexa a nosa contribución tamén á celebración do día das nosas Letras... É que no eido científico-documental nós tamén usamos o galego!.

SEMENTANDO SEMENTANDO

viernes, 6 de junio de 2014

A NOSA MAQUETA DA HORTA ESCOLAR

Pouquiño a pouco os diferentes cursos empezan a colocar na súa parceliña correspondente o cultivo preparado nas aulas de plástica. Imos ir vendo algúns deles...
 As cabazas

As verzas

 Os chícharos

As patacas

O millo

As castañas

Os pementos

As uvas


miércoles, 4 de junio de 2014

A BUSCA DO TESOURO


Os alumnos e alumnas de Primaria fixeron unha Búsqueda do Tesouro con toda a información recollida no noso Proxecto Documental Integrado "Os cultivos de Galicia". .

PDI MURAL - Movie Maker

Despois elaboraron entre todos un mural



Estes son os detalles do mural













jueves, 29 de mayo de 2014

APROVEITAMOS AS DISTINTAS ESTACIÓNS PARA SEMENTAR E TRANSPLANTAR

A pesar da chuvia xa estamos na primavera e chegou o tempo das plantacións. Algúns xa tiñans os cultivos sementados na aula en pequenas macetas  e teñen que transplantalos. Outros atrévense agora a sair á horta e sementar alí os seus cultivos. Tamén hai quen o fixo hai tempo a pesar de que a horta estaba enchoupada.
Tamén o Plan Proxecta traballou nestes obxetivos axudando a vivenciar as experiencias e os consellos de cultivo que temos "estudado" na internet e nos libros. Tamén fomos quen de poñer en práctica os consellos que nos deron os expertos pais e avós que colaboraron na nosa busca de información.

Imos dar conta aquí, logo, das experiencias de plantación e tranplantación que fixemos nas aulas, na horta e no xardin. Tanto dos cultivos que nos tocaban no PDI coma de outros traballados no Plan proxecta e que tamén axudan á nosa saúde. Fomos aproveitando as características de cada estación para plantar e recoller o que tocaba a cada momento.


No outono os nenos de 4º e 5º de Primaria recolleron acelgas, tomates e cabazas e  plantaron espinacas, cenorias e cogollos
Os nenos de 4 anos plantaron patacas en maceta.
No inverno os nenos de 1º ciclo de Primaria plantaron leitugas e berzas e os de 6º de Primaria plantaron centeo
Os nenos de 5º de Primaria plantaron calabacíns
Na primavera todo primaria botouse á horta a plantar os cultivos que nos tocaban
Os nenos de 4 anos plantan patacas na horta
Os nenos de 3 anos plantas pipas de cabaza e logo transplantáronas no xardín.

Os nenos de 2º plantan pementos na aula
Os nenos de 3º plantan millo na aula
Os nenos de 5 anos B plantaron chícharos na aula
Os nenos de 4º de Primaria plantaron un castiñeiro
Os nenos de infantil 5 anosB aprenderon a transplantar xudías

jueves, 22 de mayo de 2014

PRATOS COMBINADOS

O 1º ciclo de primaria fixo o pasado 6 de marzo unha visita á exposición "Veraneantes" do programa educativo "Aquí e agora" do Museo de Arte Contemporáneo de Vigo,  na que tamén experimentaron a arte con pratos combinados. 
Esta visita converteuse nunha actividade complementaria moi a tono cunha das propostas de traballo asociadas ao noso Proxecto Documental Integrado. Falamos de "Os bodegóns na arte".
Vede aquí como traballaron dentro do museo. Despois desto prendeu neles o anceio de facer arte tamén cos nosos cultivos.

jueves, 15 de mayo de 2014

LIBRO DE RECEITAS

Ao longo do curso distintas aulas foron preparando  material para poder elaborar na fin de curso un libro coas receitas traballadas

En setembro 3 e 4 anos fixeron xuntos zume de uva.
En novembro os de 4 anos atrevéronse coas croquetas de pataca e traballaron xunto cos de 1º de Primaria no biscoito de cabaza.
Os de 5 anos A fixeron palitos de uvas con queixo
Os de 6º de Primaria fixeron pan de centeo

Arte e dramatización xuntáronse nas receitas de 3 anos, 2º de Primaria, 5 anos B e 1º ciclo de Primaria

Os de 3 anos  fxeron unha "performance" representación sobre como elaborar caldo de verza
Os de 2º de Primaria traballaron receitas de pementos. Escribíronas e elaborarónas con plastilina
5 anos B traballou nos seus cadros con chícharos
O 1º ciclo de Primaria participou nun obradoiro no museo Marco de Vigo
O 3º ciclo de Primaria participou na actividade ...

Receitas e literatura estiveron presentes nos obradoiros de Contarte e nalgúns dos contos recomendados no Sementando Lecturas. O conto "Sopa verde" ten unha versión dixital preparada polo equipo de biblioteca para apoiar a súa lectura nos contacontos de infantil.

Con respecto á educación documental tódolos cursos traballaron nunha receita referida ao cultivo que lles tocou para poder incluíla no libro dos cultivos elaborado entre todos.

sábado, 3 de mayo de 2014

SEMENTANDO NO ENTROIDO

Comezamos as celebracións de Entroido elixindo o noso Meco que non podía ser outro este curso que  o inimigo dos bichos que queren papar os nosos cultivos, chamámoslle Flis. Eso sí como estamos moi concienciados dos coidado que merece  a nosa terriña, e daquela o noso planeta, tivemos sempre na cabeza o control natural das plagas e a agricultura ecolóxica. Ía ben preparado  xoaniñas, abellas  e outros insectos beneficiosos, plantas aromáticas e flores que non deixan achegarse ós estranos, mesmo un "matamoscas" levaba por se fose preciso...
O meco deu as ordes necesarias e comezou a Semana da Troula. Os días foronse debullando coma o millo e os nenos e nenas convertironse en auténticos agricultores preparados para cultivar o que fixese falla.


 As fotos do resultado final da troula AQUI

Mentras o traballo levaba un ritmo acelerado nas aulas para non chegar tarde ao noso acontemento especial: O desfile de entroido. Desfile e baile; todos tivemos que aprender unha cantiga colaborativa na que cada quen puxo rima e ritmo ao cultivo ou elemento "agrario" co que desfilaba.
Sen esquecer da laboura literaria dos maiores do cole confeccionando as coplas e o testamento de Meco.



Cando chegou o día o patio encheuse de xoaniñas protectoras de candansúa verza, patacas disfrazadas de Mr e Mrs Potato, uvas, chícharos, cabaciñas, pementos de tódalas cores, espigas de millo, castañas e uns estupendos espantallos para estar ben protexidos. Nalgunha das páxinas das aulas (as pestanas de arriba) hai fotos da confección dos traxes.
Están tódalas fotos nesta ligazón



Tamén entre todos cambiamos a letra a  unha canción de Susa Herrera, á que dende aquí pedímoslle desculpas pola nosa tremenda ousadía, e aproveitamos a súa música como karaoke; pero é que nos gustan tanto as súas cancions...

OS CULTIVOS NA REVISTA DON MOUCHO DE NADAL

Uvas, castañas, cabazas e pementos...moitos dos cultivos cos que vimos traballando estiveron presentes na nosa primeira edición da revista escolar don Moucho deste curso.

O NOSO MAPA DE CULTIVOS

No mes de nadal o noso mapa estaba listo. Nas aulas traballárase arreo para investigar a orixe dos nosos cultivos e pouquiño a pouco tódolos nenos e nenas foron baixando coas duas profes e colocando cada cousa no seu lugar. Tamén cofeccionamos colaborativamente unha lenda para que todo o mundo poidese interpretar o noso mapa.




jueves, 6 de marzo de 2014

DO SAMAÍN AO MAGOSTO

Corrían os meses de outubro e novembro...

No Samaín a cabaza foi dobremente protagonista. Por unha banda, toda a exposición e os murais enchéronse de cabazas nas mais diversas formas. Por outra banda, sementamos lecturas coa representación teatral do Conto "Corre, corre, cabaciña" a cargo dos nenos e nenas de 4º de Primaria. 

No magosto todo foi festa e xogos de outono coa castaña como gran protagonista.

AQUÍ e AQUÍ lembrámosvos o relato que daquela se fixo dos feitos que tamén tivo o seu oco na primeira edicion do xornal escolar.

Tamén queremos contarvos como viviron este traballo os nenos de infantil que secaron e gardaron as sementes de cabaza. Non fose o caso que tiveran que axudar os compis de 1º de Primaria cando precisasen sementar o seu cultivo.
Védelo AQUI

miércoles, 5 de marzo de 2014

NO OUTONO TRABALLAMOS COAS UVAS

Ademais de todo o traballo documental feito na aula de 5 anos A, os nenos e nenas de infantil de 3 e 4 anos quixeron desfrutar das uvas nesta tempada de vendima. Aproveitamos a abundancia de uvas no mercado para traelas as aulas e aprender a elaborar zume de uva...Foi a súa primeira receita. E que rico estaba!

Ademais aproveitaron para pintar acios xigantes entre todos para axudar un pouqueniño aos compis de 5. Na presentación das fotos non saen os de 4 anos porque a súa profe quería reservarlle á sorpresa aos pais deses nenos que os ian poder mirar na edición de nadal de Don moucho, o noso xornal.

 
uvasypintura - diapositivas

martes, 4 de marzo de 2014

CADA QUEN O SEU

Como é lóxico o primeiro que fixemos as titoras foi escoller sobre qué cultivo queriamos pescudar na nosa aula. Esta é a listaxe:


3 anos-----------------------A berza
4 anos-----------------------A pataca
5 anosA---------------------As uvas
5 anosB---------------------Os chícharos
1º de Primaria---------------A cabaza
2º  de Primaria--------------Os pementos
3º de Primaria---------------O millo
4º de Primaria---------------A castaña
5º de Primaria---------------Os grelos
6º de Primaria---------------O centeo

sábado, 1 de marzo de 2014

COMENZAMOS

Comenzamos a recoller aqui as pescudas e traballos que levan  facendo as distintas aulas sobre o noso Proxecto Documental Integrado dende principio de curso.